domingo, 13 de abril de 2008

Mort. TERRY PRACHETT

"É un feito que, aínda que a Morte do Mundodisco é (nas súas propias palabras) unha PERSONIFICACIÓN ANTROPOMÓRFICA, deixou fai tempo de utilizar cabalos esqueléticos polo molesto que era ter que estar sempre parando para engancharlle os anacos con arame".

A cuarta novela da serie “Mundodisco” ten por fin como protagonista á Morte. O noso amigo o esqueleto atravesa unha fase estraña da súa vida... existencia, e decide tomar un aprendiz para ter tempo de viv... comprender a vida. Pero claro, o traballo de acompañar as almas ao outro mundo non pode facelo calquera. Non se pode ter corazón (nin calquera outro tipo de órgano, especialmente glándulas). E Mort -un rapaz flacucho e algo bobo- non tarda en meterse en problemas.
Aínda por riba, a Morte xa tiña un servente bastante cascarrabias e unha filla (adoptada) inaguantable. E, a medida que Mort afaise ao seu novo traballo, a Morte vai tomando todo con máis calma...

No hay comentarios:

SESION DEL 2/12/2017

Una nueva temporada de trabajo. Nuevas ideas y nuevos materiales. Esta es el power que se ha empleado en la sesión del pasado día 2 de di...