domingo, 9 de marzo de 2008

El collar de neardental. JUAN LUIS ARSUAGA


Durante miles de anos neandertales e cromañones, dúas especies humanas moi diferentes, mantiveron un pulso que finalmente acabou coa desaparición dos primeiros. A supremacía dos cromañones, os nosos antepasados, obedeceu a dous factores crave: inventaron e perfeccionaron unha nova forma de fabricar utensilios e especializáronse na produción de símbolos, o que lles permitiu formar alianzas para sobrevivir e imporse cando o estable mundo mediterráneo viuse afectado pola deterioración climática....
Este libro, constitúe a narración das nosas orixes e de todo o que sabemos hoxe acerca de como chegamos a ser quen somos: desde o rexistro fósil da evolución humana e as modificacións producidas na morfología ata os cambios acontecidos na natureza durante o último millón de anos, e desde a aparición da consciencia e o seu inseparable compañeiro, a linguaxe, ata o surgimiento dos símbolos e os rituais.

Un matemático lee el periódico. JOHN ALLEN PAULOS.


-Nesta notable obra de divulgación científica, o coñecido matemático estadounidense dedícase a realizar un minucioso e detallado análise dos erros matemáticos presentes nunha serie de noticias extraídas de diarios reais. A estrutura básica de cada capítulo constará dun titular de prensa con algún erro matemático máis ou menos evidente, e a correspondente análise por parte do autor. Como boa obra divulgativa que se prece, non son precisos uns grandes coñecementos matemáticos para poder entender o texto, pois é obvio que o seu obxectivo é chegar ao máximo número de xente posible, pero o que si requirirá é unha certa afinidade cara a esta ciencia exacta, porque pola contra poderá resultar un pouco infumable

SESION DEL 2/12/2017

Una nueva temporada de trabajo. Nuevas ideas y nuevos materiales. Esta es el power que se ha empleado en la sesión del pasado día 2 de di...