martes, 25 de mayo de 2010

O experimento do cárcere de Stanford. PHILIP ZIMBARDO

O experimento do cárcere de Stanford é un coñecido estudo psicolóxico da resposta humana á catividade e en particular ás circunstancias da vida en prisión e os efectos dos roles sociais impostos. Foi levado a cabo no ano 1971 por un equipo de investigadores liderado por Philip Zimbardo da Universidade de Stanford. Recrutáronse voluntarios que desempeñarían os roles de gardas e prisioneiros nunha prisión ficticia. Con todo, o experimento fóiselles pronto das mans e cancelouse na primeira semana, polas consecuencias que se apreciaban nos alumnos, tanto carcereiros como prisioneiros.

IMAXES DO EXPERIMENTO.



ENLACE A UNHA PAXINA WEB, CON MATERIAL SOBRE O EXPERIMENTO.
http://www.prisonexp.org/espanol/

Conformidades social. Experimento de ASCH

Os experimentos de conformidade grupal de Asch foron unha serie de traballos realizados no ano 1951 que demostraron significativamente o poder da conformidade no comportamento dos grupos.

Os experimentadores, pedían a uns estudantes que participaran nun experimento sobre a visión. En realidade todos os participantes do experimento excepto un, eran cómplices do experimentador e o traballo de investigación consistía realmente en ver como a persoa inxenua reaccionaba fronte ao comportamento dos outros compoñentes do grupo (os cómplices).

O fin da investigación era estudar as condicións que inducen aos individuos a permanecer independentes ou a someterse ás presións de grupo cando éstas son contrarias á realidade.

Os participantes despois de ver unhas láminas, debían dicir cal era, ao seu xuízo, a lonxitude de varias liñas. Preguntábaselles se unha liña era máis larga que outra, cales tiñan a mesma lonxitude, etc. Os cómplices estaban preparados para dar todos respostas incorrectas nos tests.
IMAXES DO EXPERIMENTO ORIXINAL.

IMAXES DO EXPERIMENTO RECREADO

lunes, 24 de mayo de 2010

Obediencia á autoridade. Experimento de STANLEY MILGRAM.

O experimento de Milgram, recolle unhas imaxes do experimento levado a cabo por Stanley Milgram, psicólogo na Universidade de Yale, descrito nun artigo publicado en 1963 na revista Journal of Abnormal and Social Psychology baixo o título Behavioral Study of Obedience (Estudo do comportamento da obediencia) e resumido en 1974 no seu libro Obedience to authority. O fin da investigación era medir a vontade dunha persoa para obedecer as ordes dunha autoridade aínda cando estas poidan entrar en conflito coa súa conciencia persoal.

Podedes ver dúas versións, unhas imaxes son da grabación orixinal do experimento e as outras corresponden a unha versión que se fai na pelicula Francesa (I comme Icare).

FRAGMENTO ORIXINAL.




FRAGMENTOS DA PELICULA (I COMME ICARE)

1ª PARTE.





2ª PARTE.

SESION DEL 2/12/2017

Una nueva temporada de trabajo. Nuevas ideas y nuevos materiales. Esta es el power que se ha empleado en la sesión del pasado día 2 de di...