lunes, 13 de septiembre de 2010

El hombre que confundio a su mujer con un sombrero. OLIVER SACKS.


O home que confundiu á súa muller cun chapeu.
O libro está formado por varias historias sobre algúns casos curiosos da psicoloxía clínica; aínda que, escritas con pouco detalle clínico para centrarse no aspecto humano e nas experiencias co paciente.
Desordes mentais como o autismo, a síndrome de Tourette (tics nerviosos), a perda da propiocepción (capacidade para entender o propio corpo humano, as súas proporcións, a posición dos seus elementos) ou un repentino ataque de cegueira á cor.
Un comprende con este libro que o cerebro humano non só é o resultado de anos e anos de evolución senón unha das maquinas máis complexas creadas pola natureza. Calquera desorde, calquera desaxuste por mínimo que sexa pode causar unhas consecuencias imprevisibles. Tamén se intúe, ao ler algunha das historias, que como di o dito “do xenio á tolemia só vai un pequeno paso”.



Para chamar a vosa atención sobre o texto, pode servir un fragmento do caso de agnosia visual que dá título ao libro:
O señor P. era un eminente músico que acudira á consulta dun neurólogo porque tiña problemas para identificar as cousas da súa contorna. Nalgunha ocasión sorprendérono dando palmaditas na parte superior das bocas de incendios créndoas cabecitas de nenos ou iniciando unha conversación co picaporte dunha porta. Tras a revisión, o señor P. saíu da consulta. De súpeto, detívose en seco, rodeou o coche e dirixiuse ao asento que ocupaba a súa muller, agarrouna do pescozo da camisa e polas orellas e intentou porlla na cabeza.

SESION DEL 2/12/2017

Una nueva temporada de trabajo. Nuevas ideas y nuevos materiales. Esta es el power que se ha empleado en la sesión del pasado día 2 de di...