viernes, 7 de mayo de 2010

Interpretar a los animales. TEMPLE GRANDIN y CATHERINE JOHNSON


Interpretar aos animais e un libro que recolle o discurso claro dunha muller que emerxeu do outro lado do autismo cunha mensaxe extraordinaria e que nos achega sobre a forma de pensar e sentir dos animais.

A formación de Temple Grandin e como non a súa propia historia e experiencia a persoal como autista danlle unha perspectiva única no seu campo. De feito, T. Grandin e a coautora Catherine Johnson consideran o autismo unha especie de apeadeiro no camiño dos animais aos humanos, o cal sitúa aos autistas na posición perfecta para traducir o "fala animal". O longo do libro se explora a dor, o medo, a agresión, o amor, a amizade, a comunicación e a aprendizaxe dos animais, ata o xenio dos animais, dende unha visión diferente e a vez dunha simpleza abraiante.

O alcance deste libro é amplío e variado: as autoras unen trinta anos de estudo dos animais coas súas agudas percepcións dende unha visión autista/ diferente; Grandin e sensible ou ve o que non poden ver outros.
Compara aos animais cos sabios autistas, afirmando que os animais poden selo de feito, ainda que doutra forma.

El sinsentido del sentido. PAUL WATZLAWICK

Paul Watzlawick, unha vez máis nos presenta as súas ideas sobre a fragmentación da realidade e a relación entre as diversas interpretacións desta que fan as persoas. Este pequeno libro, créase sobre a base de duas conferencias que Watzlawick pronunciou en Viena en 1989 e 1991 e que resumen con precisión as súas teses sobre a construción da realidade. Coa axuda dalgunhas citas brillantes e dunhas oportunas anécdotas, o autor fai tomar conciencia de como a «realidade» non é outra cousa que o sentido ou sinsentido que teñen as cousas e os acontecementos nas nosas vidas. En resumo a realidade non é senón unha rede de relacións que cada un de nós constrúese ao longo da súa vida.

SESION DEL 2/12/2017

Una nueva temporada de trabajo. Nuevas ideas y nuevos materiales. Esta es el power que se ha empleado en la sesión del pasado día 2 de di...