sábado, 8 de marzo de 2008

En busca del Fuego. JEAN- JACQUES ANNAUD.


- DIRECTOR: Jean-Jacques Annaud
- REPARTO: Everett McGill, Rae Dawn Chong, Ron Perlman, Nameer O-Kadi, Gary Schwartz
- Coprodución Francia / Canadá 1982
- Oscar: mellor maquillaxe
- Historia ambientada integramente na prehistoria na que tres tribus de homínidos buscan novas formas de conseguir facer lume. Como anécdota, os dialogos son dunha linguaxe creada por Anthony Burgess. Libre adaptacion da novela de J-H Rosny Aisné.

Os Ulam foron expulsados das súas cavernas. Coñecían a existencia do lume e o seu mantemento pero non sabían crealo, por iso cando un membro do clan escorrega e cae ao auga apagando o lume, a tribo ve ameazada a súa existencia, xa que dependen do lume para quentarse e defenderse dos animais. Tres mozos guerreiros son os encargados de partir en busca da chama que poida salvar á tribo, levándoos a sufrir múltiples perigos a través dun mundo hostil e desta forma lograr, no transcurso da súa travesía, aprender o suficiente como para permitir a evolución da súa especie.

El arte de amargarse la vida. PAUL WATZLAWICK.

A través de historietas, viñetas, contos, exemplos literarios e refráns, ofrécenos a oportunidade de recoñecer o noso estilo persoal fronte a determinadas situacións. É un libro de lectura sinxela e complexa á vez, pode ser lido como un relato de historietas ou proporcionar unha oportunidade expléndida para reflexionar sobre os procedementos polos que unha persoa vai construíndose unha vida desdichada. A súa linguaxe áxil, irónico e paradoxal provócanos ás veces a risa e noutras ocasións nos confronta cos modos en que estamos contribuíndo á nosa propia infelicidade.

El pequeño Tate. JODI FOSTER

- Dirección: Jodie Foster
Fred Tate é un pianista con talento, un xenio das matemáticas e un incrible artista... con só sete anos. Pero este neno prodixio se sente desdichado. Rehuído polos seus compañeiros e aburrido das clases do colexio, o neno se sente angustiado polo ambiente que lle rodea. A nai de tate, esta decidida a sacar o máximo potencial do seu fillo, a pesar do temor de non poder gozar da súa infancia, decide accede a que a psicóloga que trata ao neno o interne nunha escola para nenos superdotados. Pero cando entra na escola, Dede dáse conta de que o seu fillo está máis só que nunca e de que é dentro dela mesma onde está a clave para que o pequeno Fred atope o que sempre estivo buscando... unha nai.

Los renglones torcidos de Dios. TORCUATO LUCA DE TENA

Alice Gould é ingresada nun sanatorio mental. No seu delirio, cre ser unha investigadora privada a cargo dun equipo de detectives dedicados a esclarecer complicados casos. Segundo unha carta do seu médico particular, a realidade é outra: a súa paranoica obsesión é atentar contra a vida do seu marido. A extrema intelixencia desta muller e a súa actitude aparentemente normal confundirán aos médicos ata o punto de non saber de certo se Alice foi ingresada inxustamente ou padece realmente un grave e perigoso trastorno psicolóxico.

SESION DEL 2/12/2017

Una nueva temporada de trabajo. Nuevas ideas y nuevos materiales. Esta es el power que se ha empleado en la sesión del pasado día 2 de di...