domingo, 27 de febrero de 2011

Diario dunha boa veciña. LESSING, D.

Lessing, D. (1983). Diario de una buena veciña. Punto de lectura: Madrid.

Nos modelos de terapia sistémica, especialmente os de orientación construccionista, resáltase a importancia das persoas coas que nos relacionamos ao longo da nosa vida. A partir de todas estas relacións imos construíndo a nosa forma de ver a vida, a nosa forma de pensar, de comportarnos e de sentir. Son estas mesmas relacións as que nos poden levar a vivir de xeito positivo ou negativa certa parte da nosa vida.

Na novela Diario dunha boa veciña, Doris Lessing (premio nobel de Literatura 2007) cóntanos unha fermosa historia que nos permite apreciar a importancia das persoas para ver a vida dun xeito diferente. A soidade, o orgullo, o racismo, os bos costumes, as relacións entre veciñas, a amizade entre mulleres, unha novela chea de relacións persoais e sobre todo cotiás.

Janna unha muller viúva, de mediana idade, unha boa profesional que vive dun bo traballo e cunha boa vida, para ela os problemas cotiáns doutras persoas non lle tocan nin de cerca. Un día atópase cunha anciá; Maudie, e unha persoa cheirenta, desastrada e sucia que vive nunha casiña no seu barrio.

Do encontro casual, nace unha amizade ou unha necesidade de Janna cara a esta anciá, vea tan soa e descoidada que inicia unhas visitas case diarias á casa de Maudie. Un día lévalle leite, outro día lévalle un electricista para que lle faga uns arranxos e así se vai tramando unha amizade entre as dúas mulleres.

Axustei o meu paso ao dela e saímos da tenda. Na beirarrúa non me mirou, pero había unha súplica niso. Andei ao seu lado. Resultaba difícil andar tan amodo. Por regra xeral vou voando, pero non o souben ata aquel momento. Ela avanzaba un paso, facía unha pausa, examinaba a beirarrúa, outro paso. Pensei como eu ía a fume de carozo pola beirarrúa a diario e nunca vira á señora Fowler aínda que vivía cerca, e, de súpeto mirei arriba e abaixo da rúa e vin anciás...

As dúas mulleres teñen algo en común, son orgullosas e case nunca expresan o amor ou a tenrura, pero ao longo do libro, a autora vai espindo a alma das dúas, e os problemas da soidade na vellez, e a soidade de Janna a pesar da súa boa vida económica. Ao longo desas visitas a casa de Maudie, elas vanse contando as súas vidas, van recordando aos seus seres queridos.

Fálame das épocas da súa vida en que foi feliz. Di que agora é feliz debido a min (e é duro aceptalo, enfuréceme, que tan pouca cousa cambie a súa vida) e por iso gústalle pensar en tempos felices.

Un libro cheo de pensamentos, de vida e de reflexións sobre culpabilidade e crenzas. Do que facemos ou debemos facer de comprometernos e actuar. Lessing achéganos á vellez, ábrenos os ollos para velos, fainos sentir as necesidades que teñen de agarimo, atención e mimos. Todo isto que é tan importante e que non queremos ver, ela pónnolo diante dos nosos narices.

No hay comentarios:

SESION DEL 2/12/2017

Una nueva temporada de trabajo. Nuevas ideas y nuevos materiales. Esta es el power que se ha empleado en la sesión del pasado día 2 de di...