domingo, 21 de noviembre de 2010

Shine: O resplandro de un xenio. JAM SARDI.


Título: Shine: O resplandor dun xenioTítulo orixinal: Shine
Dirección: Scott Hicks
País: Australia
Ano: 1996
Reparto: Geoffrey Rush, Justin Braine, Sonia Todd, Chris Haywood, Alex Rafalowicz, Gordon Poole, Armin Mueller-Stahl, Nicholas Bell, Danielle Cox, Rebecca Gooden
Guión: Jan Sardi

Resumo:
David Helfgott é un home de personalidade excéntrica, moi marcado pola estrita educación recibida por parte do seu pai, Peter, quen esta obsesionado coa idea de converter ao seu fillo nun gran pianista. Aínda que moi pronto empezou a destacar co piano, a autoridade do seu pai, impediu que aproveitase unha bolsa para estudar nos Estados Unidos, proporcionada por un prestixioso músico.

Pouco tempo despois, recibe outra oferta similar, esta vez por parte de Katharine Susannah Prichard, unha reputada escritora, maior que el, con quen comparte unha forte amizade. Nesta ocasión, David non está disposto a rexetalala e, desobedecendo ao seu intolerante pai, decide fuxir de casa; o seu destino é o Royal College of Music de Londres, onde recibirá formación a cargo do celebre profesor, Cecil Parkes, quen recoñece nel a todo un xenio. Pero a pesar deste recoñecemento, David atópase só, asustado e incapaz de iniciar unha nova vida.

No hay comentarios:

SESION DEL 2/12/2017

Una nueva temporada de trabajo. Nuevas ideas y nuevos materiales. Esta es el power que se ha empleado en la sesión del pasado día 2 de di...