jueves, 17 de diciembre de 2009

El enigma de Gaspar Hauser. WERNER HERZOG


O enigma de Gaspar Hauser.

DIRECTOR: Werner Herzog.

INTERPRETES: Bruno S., Walter Ladengast, Brigitte Mira, Michael Kroecher...

SINOPSIS: O 26 de Maio de 1828, apareceu en Nüremberg un mozo de 16 anos, desenvolvido psicoloxicamente como un de 3. Non sabía falar, nin vestirse e a duras penas mantíñase en pé. En menos de cinco anos aprendeu a ler, escribir poesía e tocar o piano, podendo describir a súa infancia nun soto sen fiestras, onde non podía porse en pié, alimentado por alguén a quen nunca chegou a ver. A súa misteriosa morte en 1833, perfectamente resumida polo seu epitafio (un descoñecido asasinado por un descoñecido) provocou un aluvión de hipótese sobre a súa orixe: fillo de Napoleón; do Gran Duque Carlos Luís de Baden, dun oficial; un neno raptado... Kaspar Hauser tamén inspirou numerosas novelas, poemas e obras de teatro entre as que destaca a escrita por Peter Handke en 1968. Werner Herzog serviuse deste argumento para desenvolver unha historia moito máis complexa cuxa figura central era Bruno S., o fillo dunha prostituta que pasara preto de 23 anos recluído en varias institucións.

No hay comentarios:

SESION DEL 2/12/2017

Una nueva temporada de trabajo. Nuevas ideas y nuevos materiales. Esta es el power que se ha empleado en la sesión del pasado día 2 de di...