Interpretar aos animais e un libro que recolle o discurso claro dunha muller que emerxeu do outro lado do autismo cunha mensaxe extraordinaria e que nos achega sobre a forma de pensar e sentir dos animais.
A formación de Temple Grandin e como non a súa propia historia e experiencia a persoal como autista danlle unha perspectiva única no seu campo. De feito, T. Grandin e a coautora Catherine Johnson consideran o autismo unha especie de apeadeiro no camiño dos animais aos humanos, o cal sitúa aos autistas na posición perfecta para traducir o "fala animal". O longo do libro se explora a dor, o medo, a agresión, o amor, a amizade, a comunicación e a aprendizaxe dos animais, ata o xenio dos animais, dende unha visión diferente e a vez dunha simpleza abraiante.
O alcance deste libro é amplío e variado: as autoras unen trinta anos de estudo dos animais coas súas agudas percepcións dende unha visión autista/ diferente; Grandin e sensible ou ve o que non poden ver outros.
Compara aos animais cos sabios autistas, afirmando que os animais poden selo de feito, ainda que doutra forma.
No hay comentarios:
Publicar un comentario